Debemos lembrarnos, nestas épocas do ano, de face-la declaración da renda (IRPF). Tanto se facemos nós mesmos, coma se nola fan outras persoas, debemos ter moi presente que a nosa colaboración coa famosa X para a asignación ó sostemento básico da nosa Igrexa, resulta esencial para o financiamento da mesma.
Coma novidade, este ano esa X significa máis que outros anos, posto que a contraditoria eliminación das axudas directas do estado (que por un lado suprimen cartos para a Igrexa, pero por outro lado non crea compromisos co Estado e axuda a mellora-la imaxe, transparencia e economicidade da nosa Igrexa), trouxo parella unha suba da porcentaxe da asignación tributaria das nosas rendas, dende o 0,52% ata o 0,70%.
Compre lembrar, neste momento, que esta X non nos custa nada: son cartos que recada igualmente o Estado, pero que se poden destinar ó financiamento da Igrexa ou a accións sociais.
Este ano existe polo menos unha intensa campaña televisiva para que marquemos a X social, pero debemos ter presente que ningunha organización pode suplir ou compara-las súas accións co tremendo esforzo social efectuado pola Igrexa dende a súa orixe, sempre a prol dos desfavorecidos e os necesitados, e con independencia dos poderes políticos.
A nosa Igrexa precisa de todos nós, e debemos axuda-la mediante o noso compromiso solidario.
Noticias y Colaboraciones
Cofradía del Desenclavo
LUGO
Revista "Cinco Cruces"nº1
O noso deber de contribución coa Igrexa
El pasado lunes día 5 de mayo de 2008, la Cofradía ha entrado oficialmente a formar parte de la Delegación de Apostolado Seglar de la Diócesis de Lugo. En esta ocasión, como en tantas otras iniciativas anteriores a lo largo de nuestra historia, nuestra Cofradía vuelve a ser pionera, al tratarse de la primera cofradía lucense en incorporarse a la citada Delegación.
Pese a ser la Cofradía de nuestra ciudad que más procesiones, actos y cultos organiza en Semana Santa, y la que más actividades realiza el resto del año, carecíamos hasta el momento de una presencia pública de compromiso en terrenos como el social. Deseando avanzar en este campo en un futuro inmediato, nos hemos decido a dar el paso de esta manera, coordinando nuestro esfuerzo conjuntamente con el resto de los grupos católicos de la diócesis.
Consideramos un privilegio haber sido aceptados en la Delegación de Apostolado Seglar de la Diócesis de Lugo, y únicamente nos resta expresar nuestro amor filial a la Iglesia, casa común de todas las asociaciones que la integran.
Que el Señor nos bendiga y nos ilumine en la tarea.
Incorporación a la Delegación de Apostolado Seglar
Vivimos nun estado laico, cada día máis progresista porque iso é o que ten que facer un estado de cara á súa sociedade: progresar.
Pero o laicismo do estado moitas veces confúndese, gravemente na mente dos nosos mandatarios, coa laicidade dos propios cidadáns. Lembro a nosa Constitución, tan antiga coma min, magna e espléndida, que recoñece os dereitos e liberdades dos españois, nos seus primeiros artigos, e nos que impera a igualdade entre todos nós, sen motivo de discriminación por relixión. Iso non quere dicir soamente que non podamos discriminar a un irmán islamita, senón tamén que un ateo ou un agnóstico non pode discriminar a un relixioso ou practicante dunha relixión, sexa católica, musulmana ou calquera outra.
É o noso dereito, e así se garante nese texto, a profesa-la nosa ideoloxía, relixión e culto, nun ambiente de liberdade. Todos temos dereito á educación, que ademais debe ser obrigatoria e gratuíta no seu ámbito básico. Dita educación ten por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana, no respecto ós principios democráticos de convivencia e ós dereitos e liberdades fundamentais, entre as que figura a profesión relixiosa das nosas crenzas.
Como pais, os poderes públicos e o propio Estado debe garantírno-lo dereito a que os nosos fillos reciban a formación relixiosa e moral, conforme ás nosas propias convicións, polo que ninguén nos fai un favor loitando polos nosos dereitos relixiosos, nin defendendo o papel dos pais á hora de elixir libremente a formación relixiosa dos nosos fillos: é o Estado o que ten que asegurarnos ese dereito, e mesmo proporcionarlles unha educación relixiosa gratuíta e axeitada coas nosas crenzas.
Que ninguén nos venda ningún favor: o goberno ten que acata-la Constitución, e así o xuran os ministros cando toman posesión do seu cargo. O noso dereito fundamental á relixión católica está recollido na Constitución, polo que teñen que respectalo e favorecelo:
A CONSTITUCIÓN ESTÁ DA NOSA PARTE.
PROGRESISMO E ENSINANZA RELIXIOSA